Pasos:
1. Busca unha foto da natureza que che guste na seguinte ligazón. Lembra que En xeral, o haiku mostra escenas da natureza (animais, plantas, paisaxes, fenómenos meteorolóxicos) ou da vida cotiá, en vilas, cidades e nas estradas.
2.Escribe as palabras da táboa. Nun haiku, o haijin transmite a emoción que sentías ao mirar algo.
IDEAS AO CONTEMPLAR A FOTOGRAFÍA | |
ELEMENTOS NATUREZA | AGUA- ÁRBORES- SOMBRA |
EMOCIÓNS | TRISTEZA, PENA |
3. Con esa lista como referencia, dálle forma ao haiku. Lembra que os haiku escríbense en tres liñas sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente. Esta métrica é flexible: non hai nada que nos impida escribir haiku que teñan un número de sílabas lixeiramente diferente, que seguirán sendo haiku.
Aquí tes algúns exemplos feitos polos meus alumnos.
Esta idea xurdeu de ler un libro precioso, cheo de arte e poesía:
POESÍA MÍNIMA | MINIMAL POETRY, 50 fotopoemas de Helena Villar Janeiro
Nesta Poesía mínima, Helena Villar Janeiro, une, coa precisa harmonía, e de xeito integrador, os versos e as imaxes na percura da emoción e a esencialidade. Nesta edición trilingüe -galego, castelán e inglés- a cargo de Alvarellos, a autora ofrece un libro singular onde a palabra, ordenada a xeito de haikú, dialoga con fotografías da propia autora.