O Flipbook de categorías gramaticais é un pequeno libro onde se explican visualmente e se resumen os aspectos máis destacados das distintas clases de palabras que atopamos en gramática. Para montar o Flipbook empregaremos a técnica da fervenza. É unha das miñas estruturas de álbum de recortes favoritas para elaborar materiais. É moi estético e interactivo. A construción é sinxela, pero haberá que ter moito coidado coas medidas e tamaños para que todo se alinee correctamente. Os pasos a seguir son os seguintes:
- Empregamos 9 folios de cores tamaño A4 ( cada categoria gramatical irá dun cor diferente) .
- Colemos unha cartolina como base de medidas 210 x 342 mm.
- Dobramos 4 cm a parte superior de cada un dos folios, a que pegaremos na base. As pestanas superiores teñen o mesmo tamaño que o espazo que hai entre cada unha das categorias gramaticais.
- Comenzamos pegando o primeiro folio pola pestaña não zona superior da cartolina.
- Imos pegando o resto dos folios de forma descendente xusto debaixo da pestaña anterior.
- Poñemos o nome da categoria gramatical na zona inferior de cada folio asegurándonos de que se visualiza correctamente na fervenza.
- Unha vez rematado a visualización dos apuntes realízase levantando cada un dos folios.
Pode ser un recurso moi versátil, xa que se pode utilizar como material de consulta na aula, pódese entregar un por alumno e poden empregalo como ferramenta de estudo e repaso.
Aquí podes descargar o pdf.