Liña do tempo: Inventos


As liñas de tempo son recursos que permiten sintetizar e organizar a información tendo en conta o tempo e o espazo no que ocorreron os feitos. Con elas é posible representar cronoloxicamente as datas clave para poder visualizalas dun xeito máis claro e directo e, ademais, pódense completar con información, personaxes ou obxectos que simbolizan o tema que tratan. Son ideais para a materia de Ciencias.


Nesta ocasión preséntovos un material para crear unha liña do tempo dos 15 Inventos que cambiaron o mundo.
Polo xeral, non nos paramos a pensar na historia de moitos dos obxectos que utilizamos a diario. Pero a aparición de boa parte destes inventos tecnolóxicos cambiou o curso da historia, permitindo á sociedade avanzar cara ao progreso.
Os inventos desta liña temporal van dendê o lume ao Internet.
A idea desta liña do tempo é crear un material individual, para cada alumno.
Para montala só temos que seguir estes sinxelos pasos:
  1. Cortar unha cartolina e dóblala en acordeón. Debe contar con 16 plegues.
  2. Cortar cada un dos inventos e ordénalos cronológicamente.

  3. Pegar cada invento comezando no segundo plegue na orden correspondete, e colocando as dúas follas do móvil en libriño.
  4. Pegar na primeira cara a portada. Colocar o móbil co título e ao lado o sobre no qué introduciremos as siluetas dos inventos . Co sacaburatos facémoslle un burato aos inventos e atámolos para que queden Xuntos.



Aquí vos deixo o material para descargar