Érase unha vez dúas veces é unha nova proposta para reinventar as historias clásicas cheas de actitudes, ensinanzas e morais anticuadas, denigradas e en moitos casos rozando o machismo e as actitudes desiguais entre homes e mulleres.
A proposta é reescribiron algún dos contos clásicos, Brancaneves, Carapuchiña Vermella e Cenicienta. Volve escribir a historia mantendo a maxia, a fantasía, pero prescindindo da violencia, do sexismo, da desigualdade e do culto á beleza.
Para facer a tarefa segue estes pasos:
1. Elixe un conto clásico.
2. Analiza os valores sexistas segundo o modelo.
3. volve estruturar o conto empregando o mapa mental.
4. Reescribe o novo conto comezando coa frase: ÉRASE UNHA VEZ DÚAS VECES
Descarga nesta imaxe o enlace o exemplo de como reescribir un conto tradicional.